CASTELAO. CONTRUTOR DA NACION. TOMO I. 1886-1930

CASTELAO. CONTRUTOR DA NACION. TOMO I. 1886-1930.

Autor/es

Sin stock. Envío en 3/8 días

pvp 45,00 €


O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado o debuxante e o pintor autodidacta, o médico entregado, o ilustrador que se vale dos debuxos de humor para concienciar os galegos, o funcionario, o profesor de debuxo, o membro das Irmandades da Fala, o escritor e artista. Velaquí o primeiro volume dunha biografía monumental, concibida por Miguel Anxo Seixas case coma un diario da vida cotiá de Castelao cos fitos da súa cronoloxía persoal e pública xunto a actualidade da época. Labor de toda unha vida dedicada á investigación, á recollida de datos e documentación, o autor desta crónica deita no papel a súa paixón pola busca do pormenor significativo, o seu rigor na comprobación e descuberta de aspectos ignorados ou esquecidos, o gusto por rexistrar os pasos e a obra de quen foi unha das personalidades fundamentais na construción da nación galega.

Recomendados

Otros libros del mismo autor